Suba dos prezos de Ternera Gallega en Amio

O Mercado de Gando de Amio acordou este mércores unha subida dos prezos na Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. En concreto, estableceron subir 3 céntimos en tódalas categorías e calidades desta carne.

En canto á mesa de cotizacións do gando de abasto, decidiron manter os prezos da sesión anterior tanto para o gando de recría como para o mediano de sacrificar e o vacún maior de abasto. En canto á recría, apréciase unha tendencia á baixa nos prezos das femias de cor e dos machos de raza Frisoa.

Na xornada contabilizáronse un total de 2.087 reses, 56 menos que o pasado mércores, día 31 de xullo. Houbo 1.729 cabezas de vacún menor (54 menos que na sesión anterior), 208 de vacún mediano (15 máis que a semana pasada) e 141 de vacún grande (8 menos que na outra feira).

Máis información:

– Táboa de prezos de Amio (7-VIII-2019)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información