Suba dos ovos e dos becerros de cruce en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter os prezos do porcino e subir o dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 13 de setembro

Suba dos ovos e dos becerros de cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola lixeira suba dos prezos dos becerros de recría de Cruce Industrial así como do vacún maior. O porcino non experimentou cambios nas súas cotizacións, mentres que volveron subir os ovos nas categorías XL e L.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi á baixa. Así, os de menos de 20 días, pagáronse a unha media de 79 euros, fronte aos 96 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 110 euros por xato, un menos que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos experimentaron a maior caída, ata situarse nunha media de 112 euros, fronte aos 143 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos foron á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron ata situarse nos 236 euros, fronte aos 202 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 287 euros, por riba dos 274 de media da última poxa. Nas femias, pola contra, os prezos baixaron: 210 euros, despois de acadar os 220 o pasado martes. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 376, fronte aos 342 euros da pasada semana.

E se analizamos o vacún maior, a tendencia xeral foi tamén a unha leve suba dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.070 euros de media en categoría primeira, 716 en segunda -a máis numerosa- e 428 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.098 , 709 e 420 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_cotizacions_setembro_2_vacuno

Ovos á alza e coello estable

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir as cotizacións en todas categorías, agás na S, onde quedaron nos 0,94 euros a ducia. Pola contra, acordouse subir os prezos da categoría XL un 0,03%, ata os 1,32 euros a ducia, e un 0,03% tamén para a L, que se situou nos 1,19 euros, mentres que para a M a suba acordada foi do 0,010% ata acadar os 1,11 euros a ducia.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos sen cambios nos 1,55 euros o kilo.

Estabilidade no porcino

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis manter os prezos sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,355 e 1,330 euros por quilo, respectivamente; para a Canle II acordouse manter o prezo de 1,727 euros por quilo. E na categoría de desvelle decidiuse aplicar unha suba do 0,01%, de forma que o intervalo de prezos quedou entre 0,74 e 0,80 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos tamén subiron un 0,10%, mentres que nos demais mercados europeos a tendencia foi á alza en Francia e en Bélxica, e á estabilidade no resto de países.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións do pasado martes. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_cotizacions_setembro_2_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información