Suba dos becerros frisóns e do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos prezos do vacún maior e dos becerros de recría de Frisona e pola tendencia irregular dos de cruce. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e nos ovos

Suba dos becerros frisóns e do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia/Abanca estivo marcada pola suba dos prezos do vacún maior e dos becerros de recría de Frisona e pola tendencia irregular dos de cruce. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e nos ovos

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo remontou ata os 104 euros por xato, 7 máis que a pasada semana. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 94 euros por animal, fronte aos 66 do pasado martes. E nos becerros de máis de 50 días o prezo tamén subiu ata os 135 euros de media por animal, fronte aos 120 da anterior poxa.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi máis irregular. Deste xeito, os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 355 euros, 15 máis ca na sesión anterior. Nas femias tamén houbo suba, quedando nunha media de 241 euros por becerra, 23 máis que a semana pasada. Pola contra, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos caeu ata os 281 euros, fronte ós 297 euros que se pagaron na última poxa. Tamén houbo baixada nos becerros de máis de 50 días, onde os machos cotizáronse a unha media de 412 euros por animal, fronte aos 497 da sesión anterior, mentres que nas femias a media tamén baixou ata os 287 euros por becerra, fronte aos 296 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo, cotizándose a unha media de 840 euros por animal nos machos, fronte aos 799 da lonxa pasada. As femias tamén subiron ata os 722 euros de media, 15 máis que na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi á suba, pero con excepcións. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 746 euros por animal, 33 máis que o martes pasado. Porén, nas vacas de primeira a media foi de 1079 euros, 34 menos que na anterior poxa. A categoría de desvelle mantívose practicamente igual nunha media de 455 euros por animal.

silleda_19_02__05_vacun

Suba do porco cebado, dos leitóns e dos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías, agás no desvelle. Así, o selecto e o normal subiron 0,03 euros quedando nos 1,150 e 1,125 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,039 euros ata quedar nos 1,461 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda sen cambios nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 1 euro. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 59 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 64 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,95 e 3,20 euros respectivamente.

No referido ós ovos, non houbo cambios nas categorías XL e L, que se manteñen nos 1,40 e 1,02 euros a ducia, respectivamente. Para a M e a S a suba acordada foi de 0,02 euros, ata os 0,97 e 0,82 euros a ducia, respectivamente.

A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Por ultimo, no coello acordouse na Lonxa de Madrid unha suba de 0,05 euros, quedando o quilo nos 1,75 euros.

silleda_19_02__05_porcino

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información