Suba dos becerros e baixada do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos becerros de recría e carniceiros e pola baixada do vacún maior. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns

Suba dos becerros e baixada do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba dos becerros de recría e carniceiros e pola baixada do vacún maior. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en case todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo medio foi de 105 euros por xato, 13 máis que no anterior mercado. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 89 euros por animal, 20 maís que a pasada semana. A excepción foron os becerros de máis de 50 días, nos que o prezo baixou ata os 128 euros de media por animal, fronte aos 134 da anterior poxa.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza, agás na categoría de máis de 50 días. Así, os prezos dos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos machos en 3147 euros, 28 máis ca na sesión anterior. Nas femias houbo unha suba de 34 euros de promedio, quedando nunha media de 214 euros por becerra. Nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos remontou ata os 284 euros, fronte ós 235 euros que se pagaron na última poxa. A excepción foron os becerros de máis de 50 días: os machos baixaron ata situarse nunha media de 406 euros por animal, fronte aos 435 da sesión anterior, mentres que nas femias a media caeu ata os 296 euros por becerra, fronte aos 324 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, cotizándose a unha media de 820 euros por animal, fronte aos 807 da lonxa pasada. As femias, tamén subiron levemente ata os 732 euros de media, dous máis que na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi tamén á baixa, agás na categoría de primeira. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios hoxe foron de 723 euros por animal, fronte aos 729 da anterior sesión. Nas vacas de primeira a media foi de 1098 euros, por riba dos 1084 euros da última poxa. E o desvelle quedou nun prezo medio de 442 euros por animal, 24 menos que a semana anterior.

silleda_19_1_4_vacun

Sen cambios no porco cebado, baixan os ovos e suba dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse unha semana máis os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 1 euro. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 54 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 59 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,70 e 2,95 euros respectivamente.

No referido ós ovos houbo baixada en todas as categorías: Para a XL, a L e a S a baixada foi de 0,02 euros, quedando a ducia en 1,48, 1,05 e 0,95 euros a ducia, respectivamente. Para a S acordouse unha baixada de 0,03 euros, quedando a ducia nos 0,79 euros.

A galiña de desvelle baixa tamén 0,01 euros e queda nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Por ultimo, no coello a súa cotización mantense baixa. Así, o quilo desta carne na Lonxa de Madrid queda nos 1,70 euros.

silleda_19_1_4_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información