Suba dos becerros de recría en Silleda e baixada do vacún maior

Os prezos dos becerros de recría experimentan unha suba en Silleda, mentres cae lixeiramente o vacún maior. Sen cambios no porcino e suba dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 20 de marzo

Suba dos becerros de recría en Silleda e baixada do vacún maior

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría e pola leve baixada do vacún maior. Polo demais, seguen subindo os ovos e os leitóns, mentres que mantense sen cambios o porco cebado.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa subiron en todas as categorías. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, onde a cotización quedou nos 112 euros por xato, dous menos que o pasado martes. Pola contra, na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 139 euros por xato, tres máis que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 200 euros, fronte aos 174 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén á alza, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 335 euros, 15 máis que a pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata unha media de 345 euros, fronte aos 371 euros do pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio subiu ata os 226 euros, 4 máis que o pasado martes. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos subiron ata unha media de 475 euros por animal, fronte aos 425 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha importante suba: o prezo medio foi de 402 euros, fronte aos 304 do pasado martes.

Caída no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha lixeira caída de prezos na categoría segunda e na de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.083 euros de media en categoría primeira, 709 en segunda -a máis numerosa- e 469 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.067, 727 e 473 euros, respectivamente.

SILLEDA_marzo_18_3_VACUN

Sen cambios no porcino e suba dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir as cotizacións da pasada semana 0,02 euros a ducia para todas as categorías, agás para a XL, que quedou nos 1,74 euros. Pola contra, a L subiu ata os 1,67 euros a ducia e a M e a S cotizaron a 1,55 e 1,22 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle mantéñense nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén segue sen cambios nos 1,40 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Para o desvelle acordouse baixar as cotizacións 0,02 euros, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,7 e 0,76 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado baixou esta semana 0,04 euros ata os 1,450 euros o quilo. No resto da Unión Europea a tendencia foi tamén á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse subir 1 euros as cotizacións, ata os 58 euros para os procedentes de varias explotacións e os 63 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_marzo_18_3_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información