Suba dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e a dos ovos nalgunhas categorías. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 18 de abril

Suba dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría, así como un lixeiro repunte no vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse subir os prezos dalgunhas categorías de ovos e de porco cebado. O coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en case todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou ata os 130 euros, fronte aos 122 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 154 euros por xato, dez máis que o pasado martes. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos caeron ata unha media de 180 euros, tres menos que a semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana tamén foron á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron nos machos ata os 261 euros, un máis que a pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu claramente, quedando nos 337 euros de media, dezanove máis que o pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio caeu: 219 euros, fronte aos 233 da anterior poxa. Nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 459 euros, fronte aos 442 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve recuperación dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.057 euros de media en categoría primeira, 726 en segunda -a máis numerosa- e 466 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.107, 723 e 432 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Silleda_vacun_20_4_17

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións das categorías XL e S, que quedaron nos 1,41 e 1,03 euros a ducia, respectivamente. A L subiu un 0,02% ata os 1,35 euros e a M un 0,01% ata os 1,26 euros a ducia.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana: 1,70 euros o quilo.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións,aproveitando a boa conxuntura que atravesa o sector. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,405 e 1,380 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,792 euros por quilo. O desvelle mantívose sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse sen cambios esta semana nos 1,730 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións subiron lixeiramente ou mantivéronse estables.

En canto aos leitóns, acordouse, tras varias semanas de subas, manter as cotizacións nos 61 euros para os procedentes de varias explotacións e os 66 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Silleda_PORCINO_20_4_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información