SUBASTA_SILLEDA_01_standar

Suba dos becerros de recría e do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e nos ovos

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en case todas as categorías. A excepción foron os animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, onde o prezo baixou lixeiramente ata os 109 euros por xato, 6 menos que a pasada semana. Sen embargo, viuse compensada esta baixa nos becerros de menos de 20 días. onde o prezo subiu ata os 94 euros de media por animal, fronte aos 85 da anterior poxa, e tamén na categoría de máis de 50 días cunha suba dos prezos ata os 151 euros por animal, 22 máis que o pasado martes.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á alza, pero tamén con excepcións. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 346 euros, 5 máis ca na sesión anterior. Nas femias, sen embargo, houbo baixada quedando nunha media de 217 euros por becerra, 8 menos que a semana pasada. Pola contra, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos subiu ata os 305 euros, fronte ós 278 euros que se pagaron na última poxa. Tamén houbo subas claras nos becerros de máis de 50 días, onde os machos se cotizaron a unha media de 502 euros por animal, fronte aos 484 da sesión anterior, mentres que nas femias o prezo medio caeu ata os 343 euros por becerra, fronte aos 368 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, acadando unha media de 878 euros por animal, moi por riba dos 740 da semana pasada. As femias, pola contra, baixaron ata os 728 euros de media, 11 euros menos que a pasada semana.

No que atinxe ó vacún maior, houbo subas de prezo en todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 725 euros por animal, 15 máis que o martes pasado. Tamén houbo incremento de prezos na categoría de desvelle, quedando nunha media de 452 euros por animal, fronte aos 440 da semana pasada. E nas vacas de primeira a media subiu ata os 1110 euros, 9 máis que na anterior poxa.

De feito, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o segundo mellor prezo medio da categoría de vacún maior acadado na súa historia. Situouse nos 996,97€, a tan só un céntimo do récord absoluto da poxa, o cal está nos 996,98€ acadados o 8 de maio do pasado ano.

silleda_19_abril_vacun_1

Subas do porco cebado, nos leitóns e nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,05 euros, quedando nos 1,300 e 1,275 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,065 euros ata quedar nos 1,656 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle sobe 0,05 euros, quedando nun intervalo de entre 0,62 e 0,68 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou unha suba de 05 euros. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 62,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 67,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,125 e 3,375 euros respectivamente.

No referido ós ovos, non houbo cambios na categoría XL, que se mantén nos 1,40 euros a ducia. Para as demais categorías, L, M e S, houbo unha suba de 0,02 euros, quedando nos 1,06, 1,01 e 0,86 euros a ducia, respectivamente.

A galiña de desvelle sobe 0,01 euros o kilo e queda nun intervalo de entre 0,14 e 0,22 euros o quilo.

Por ultimo, no coello na Lonxa de Madrid baixou o prezo 0,1 euros, e queda o quilo nos 1,85 euros.

silleda_19_abril_porcino_1