Suba dos becerros de recría e dos ovos en Silleda

O vacún maior experimenta unha lixeira baixada. O porco cebado segue á baixa mentres soben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 24 de outubro

Suba dos becerros de recría e dos ovos en Silleda

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba, con excepcións, dos becerros de recría, tanto de cruce como de Frisona. O porco cebado continúa á baixa, seguen subindo os ovos, mentres que en Madrid o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes experimentaron unha lixeira suba. A única excepción foi a categoría de menos de 20 días, onde a cotización media baixou claramente ata os 84 euros por xato, fronte aos 102 da poxa do pasado martes. Pero na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, a media subiu lixeiramente ata os 115 euros por xato, tres máis que na anterior sesión. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio tamén subiu ata os 139 euros, catro máis que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á suba por segunda semana consecutiva. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 295 euros, fronte aos 288 da pasada poxa. Nas femias tamén houbo suba: 152 euros fronte aos 110 por animal do pasado martes.

Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou lixeiramente ata os 345 euros de media, fronte aos 353 do pasado martes. Nas femias os prezos subiron ata os 214 euros de media, fronte aos 191 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio dos machos tamén foi á alza claramente, ata os 414 euros, fronte aos 381 euros de media da última poxa. As femias, pola contra, baixaron ata os 285 euros de media fronte aos 316 da pasada semana.

No vacún maior subiu o prezo tendeu á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.063 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 457 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.074, 711 e 474 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_OUTUBRO_17_4

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba de 0,1 euros en todas as categorías. Así, a XL subiu ata os 1,73 euros a ducia; a L revalorizouse ata os 1,66 euros a ducia; para a M a suba acordada quedou en 1,55 euros, e a S subiu ata os 1,26 euros a ducia.

E na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e sen cambios nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,02 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,1160 e 1,135 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén baixou 0,026 euros, ata quedar nos 1,,474 euros por quilo. E no desvelle, as cotizacións quedan sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,75 e 0,81 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa o porco cebado mantívose esta semana nos 1,500 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi a unha lixeira baixada ou á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse manter as da semana pasada nos 37 euros para os procedentes de varias explotacións e os 42 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_porcino_OUTUBRO_17_4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información