Suba dos becerros de recría de Frisona e baixada dos de cruce en Silleda

As mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir a dos leitóns e manter a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 25 de outubro

Suba dos becerros de recría de Frisona e baixada dos de cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de raza Frisona e pola baixada dos de cruce, mentres que o vacún maior subiu. Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir as de leitóns e manter as dos ovos.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á alza, ao igual que a semana pasada. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media foi de 92 euros, fronte aos 88 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 123 euros por xato, o que supón unha suba media de seis euros con respecto ao pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén se recuperaron con forza: unha media de 169 euros fronte aos 115 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron claramente á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 304 euros, fronte aos 331 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou, neste caso ata os 319 euros, oito menos que na última poxa. Nas femias, tamén houbo baixada: 245 euros de media, fronte aos 253 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén caeu ata os 399 euros, fronte aos 431 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi en positivo. Deste xeito, quedaron en 1.060 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 427 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.124, 692 e 391 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacuno_poxa_outubro_4_16

Ovos sen cambios e lixeira suba do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasa semana: 0,97 euros a ducia na categoría S; 1,16 euros a M; 1,25 a ducia da categoría L e 1,38 euros a XL.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha pequena suba das cotizacións, dun 0,05%, ata os 1,80 euros o kilo.

Suba dos leitóns e baixada do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou seguir coa baixada dos prezos das semanas pasadas. Así, nas categorías Selecta e Normal a baixada foi do 0,040%, quedando nos 1,205 e 1,180 euros por quilo, respectivamente; a Canle II caeu un 0,052% ata os 1,532 euros por quilo, e na categoría de desvelle a baixada foi do 0,03%, quedando o intervalo de prezos entre 0,71 e 0,77 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos tamén caeron unha semana máis, desta vez un 0,03%, ata os 1,520 euros o quilo, lastrando á baixa ao resto de mercados da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba das cotizacións, desta volta dun 1%. Deste xeito quedaron nos 39 euros os procedentes de varias explotacións e nos 44 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_poxa_outubro_4_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información