poxa_subasta_gando_feira_silleda_01_standar

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda e baixada dos de cruce e do vacún maior

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos becerros de recría de raza Frisoa e pola baixada do vacún maior e dos becerros de recría de cruce. Subas no porco cebado e nos leitóns e sen cambios nos ovos

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba dos becerros de recría de raza Frisoa e pola baixada do vacún maior e dos becerros de recría de cruce. Subas no porco cebado e nos leitóns e sen cambios nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en case todas as categorías. A excepción foron os animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, onde o prezo mantívose sen cambios nos 104 euros por xato. Sen embargo, na categoría de menos de 20 días a media foi de 80 euros por animal, 7 máis que a pasada semana. E nos becerros de máis de 50 días o prezo tamén subiu ata os 124 euros de media por animal, fronte aos 120 da anterior poxa.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi esta semana á baixa. A excepción foron os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde os prezos situáronse nos machos en 351 euros, 13 máis ca na sesión anterior. Nas femias non houbo apenas cambios, quedando nunha media de 220 euros por becerra, un máis que a semana pasada. Porén, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos caeu ata os 305 euros, fronte ós 324 euros que se pagaron na última poxa. Nos becerros de máis de 50 días os machos tamén baixaron ata situarse nunha media de 413 euros por animal, fronte aos 425 da sesión anterior, mentres que nas femias a media caeu ata os 283 euros por becerra, fronte aos 289 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, cotizándose a unha media de 884 euros por animal, fronte aos 835 da lonxa pasada. As femias, pola contra, baixaron ata os 731 euros de media, 26 menos que na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi á baixa. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 710 euros por animal, 13 menos que o martes pasado. Nas vacas de primeira a media foi de 1075 euros, 22 menos que na anterior poxa. A categoría de desvelle foi excepción, subindo ata unha media de 478 euros por animal, 16 máis que a semana anterior.

silleda_19_02_02_vacun

Suba porco cebado e dos leitóns e sen cambios nos ovos

En canto ó porco cebado, despois de varias semanas sen cambios a mesa de prezos acordou unha suba en todas as categorías, agás no desvelle. Así, o selecto e o normal subiron 0,03 euros quedando nos 1,100 e 1,075 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,039 euros ata quedar nos 1,396 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda sen cambios nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 2 euros. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 57 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 62 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,85 e 3,10 euros respectivamente.

No referido ós ovos mantivéronse os prezos en todas as categorías, agás para a XL, que baixou 0,03 euros, ata os 1,43 euros a ducia. O resto de categorías, L, M e S, quedaron en 1,02, 0,92 e 0,77 euros a ducia, respectivamente.

A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Por ultimo, no coello a súa cotización mantense sen cambios na Lonxa de Madrid nos 1,70 euros.

silleda_19_02_02_porcino