Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións dos ovos e subir as do porco cebado e a dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 7 de febreiro

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de raza Frisona e a baixada dos de cruce.. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e a dos leitóns. Os ovos baixan nas categorías L e M e na Lonxa de Madrid a carne de coello segue nos 1,60 euros o quilo.

Nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron. Así, na categoría de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 108 euros, fronte aos 97 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 133 euros por xato, fronte aos 125 do pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos tamén remontaron claramente ata unha media de 152 euros, vinte máis que a semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias caeron ata os 259 euros, catro menos que a pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos situouse nos 329 euros, vinteún menos que na última poxa. Nas femias, a caída tamén foi importante: 214 euros de media, fronte aos 244 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio caeu ata os 371 euros, fronte aos 514 euros de media da pasada semana, se ben o escaso número de vendas nesta categoría fai que a súa representatividade sexa menor.

No vacún maior a tendencia xeral foi á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.085 euros de media en categoría primeira, 708 en segunda -a máis numerosa- e 443 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.064, 723 e 410 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_02_17

Ovos á baixa e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis baixar nun 0,02% as cotizacións da pasada semana nas categorías L e M, quedando nos 1,18 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. As restantes categorías mantivéronse sen cambios: a XL quedou nos 1,35 euros a ducia e a S nos 0,9 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana nos 1,60 euros o quilo.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,235 e 1,210 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,571 euros por quilo. A mesma suba tamén foi para o desvelle, quedando as cotizacións nun intervalo de prezos de entre 0,81 e 0,87 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións caeron esta semana un 0,05%, ata os 1,520 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia foi moi irregular, con subas en Francia e Holanda, baixadas noutros países ou sen cambios en Dinamarca.

En canto aos leitóns, acordouse de novo subir as cotizacións da pasada semana un 1%, quedando nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_02_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información