Suba dos becerros de recría de cruce e baixada do vacún maior en Silleda

Os becerros de recría de Frisón e o vacún maior experimentaron unha leve caída este martes en Silleda, mentres que subiron os de recría de cruce. Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 19 de decembro

Suba dos becerros de recría de cruce e baixada do vacún maior en Silleda

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría de Cruce e pola baixada dos de raza Frisona, así como do vacún maior. Ovos e porco cebado permanecen sen cambios mentres que soben os bacoriños.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á baixa, pero con excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días, a cotización subiu ata os 114 euros por xato, dez máis que na poxa do pasado martes. Pero na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos caeron ata unha media de 129 euros por xato, oito menos que a pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 165 euros de media, fronte aos 161 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi claramente á alza. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 381 euros, fronte aos 287 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu tamén ata os 384 euros de media, catro máis que o pasado martes. Nas femias tamén houbo suba: pagáronse a 245 euros de media, fronte aos 239 do pasado martes.

Por último, nos xatos de máis de 51 días os prezos subiron nos machos ata unha media de 461 euros por animal, fronte aos 404 euros de media da última poxa. Nas femias o prezo medio foi de 334 euros, fronte aos 328 da pasada semana.

Récord en becerros carniceiros

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe un récord histórico na categoría de becerros carniceiros, tanto en asistencia como en transaccións. Concorreron 180 exemplares, os cales superaron a marca da poxa, situada nos 151 animais que asistiron o 12 de agosto de 2014. Tamén na adxudicación de becerros carniceiros houbo récord, con 166 exemplares fronte aos 133 adxudicados tamén o 12 de agosto de 2014. En canto a transaccións, hoxe rexistráronse 121.377€, situándose ata agora o récord nos 102.097€ do 20 de xuño deste ano.

Baixada do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha baixada en todas as categorías. Deste xeito, quedaron en 1.080 euros de media en categoría primeira, 720 en segunda -a máis numerosa- e 470 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.090, 733 e 474 euros, respectivamente.

SILLEDA_vacun_decembrO_17_2

Sen cambios en porcino e nos ovos e suba dos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana. Así, nas categorías XL e S, que quedaron en 1,87 e 1,39 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse quedou a ducia en 1,81 e 1,71 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantívose sen cambios nos 1,75 euros o quilo

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado baixou esta semana 0,05 euros, quedando nos 1,400 euros o quilo, unha tendencia á baixa que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse tras case dous meses sen cambios, subir 2 euros as cotizacións, ata os 40 euros para os procedentes de varias explotacións e os 45 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información