Suba dos becerros de recría de Cruce e baixada dos de Frisona en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado, e subir a dos leitóns e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 22 de novembro

Suba dos becerros de recría de Cruce e baixada dos de Frisona en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de Cruce e pola lixeira baixada nos de raza Frisona, mentres que no vacún maior a tendencia foi tamén a un descenso nos prezos. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado, e subir a dos leitóns e a dos ovos. A carne de coello subiu na Lonxa de Madrid ata situarse nos 2 euros o kilo.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á baixa. A excepción foi a categoría dos de menos de 20 días, onde a cotización media foi de 97 euros, fronte aos 92 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 117 euros por xato, seis menos que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén caeron: unha media de 136 euros fronte aos 142 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron en xeral á alza. A excepción tamén foi a categoría de menos de 20 días, na que as cotizacións medias situáronse nos 290 euros, fronte aos 352 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 412 euros, fronte aos 346 da última poxa. Nas femias apenas houbo cambios: 273 euros de media, un máis que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 439 euros, fronte aos 389 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.057 euros de media en categoría primeira, 706 en segunda -a máis numerosa- e 411 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.126, 715 e 382 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_vacun_22_novembro_16

Ovos á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir os prezos en todas as categorías. Así, na XL subiron un 0,020% ata os 1,41 euros a ducia, mentres que nas L e M a suba foi do 0,05%, quedando nos 1,35 e 1,26 euros, respectivamente. Na S a suba foi do 0,04% ata quedar nos 1,06 euros a ducia.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha suba do 0,10% nas cotizacións ata situarse nos 2,00 euros o kilo, un prezo que non se acadaba dende hai máis dun ano.

Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo. Na categoría de desvelle acordouse unha suba do 0,02% ata situarse o intervalo de prezos entre 0,73 e 0,79 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron un 0,02% ata os 1,540 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén a unha lixeira subida.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións unha semana máis un 1%, quedando nos 42 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_porcino_22_novembro_16

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información