Suba dos becerros de Cruce en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 14 de marzo

Suba dos becerros de Cruce en Silleda

Poxa de becerros en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría de Cruce industrial e pola pequena baixada nos de raza Frisona. O prezo medio do vacún maior subiu. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e manter a dos leitóns. Os ovos tamén soben as súas cotizacións, mentres que o coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes tenderon a unha pequena baixada, aínda que con excepcións. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 143 euros, fronte aos 124 da pasada semana. Sen embargo, na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media baixou a 141 euros por xato, dous menos que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos baixaron tamén ata unha media de 179 euros, fronte aos 181 da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron á alza. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron nos machos ata os 284 euros, fronte aos 253 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu: 350 euros de media, oito máis que o pasado martes. Nas femias subiu o prezo medio quedou estable nos 232 euros, uns céntimos menos que a anterior poxa. Sen embargo, nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou claramente ata os 439 euros, fronte aos 462 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi á alza. Deste xeito, quedaron en 1.132 euros de media en categoría primeira, 713 en segunda -a máis numerosa- e 455 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.066, 740 e 444 euros, respectivamente.

O maior prezo medio en vacún maior no que vai de ano

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou nesta xornada dous récords anuais. Así, na categoría de vacún maior o prezo medio ascendeu a 859,44€, fundamentalmente pola maior afluencia de vacas da categoría Extra. Ata hoxe o mellor de 2017 era o do pasado martes (7 de marzo), o cal se situou en 815,60€. Ademais, o de hoxe é o mellor prezo medio acadado en vacún maior dende o 26 de maio de 2015, cando se situara en 889,49€.

Por outra banda, na categoría de becerros carniceiros rexistrouse o maior volume de transaccións deste ano, o cal ascendeu a 67.331€. Ata hoxe o maior volume de facturación de 2017 era de 65.762€, do pasado martes.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Silleda_vacun_4_3_17

Suba dos ovos e e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir as cotizacións: un 0,01% na XL ata os 1,39 euros a ducia; un 0,02% na L , ata os 1,24 euros; mentres que a M subiu un 0,03%, quedando a ducia nos 1,15 euros e a S revalorizouse un 0,02% ata acadar os 0,96 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana: 1,70 euros o quilo.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,285 e 1,260 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,636 euros por quilo. O desvelle mantivo as cotizacións sen cambios, nun intervalo de prezos de entre 0,84 e 0,90 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron esta semana un 0,03% ata os 1,570 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia foi a unha suba menor ou á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 62 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Silleda_porcino_4_3_17

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información