Suba dos becerros de abasto en Amio

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto, en Amio, acordou hoxe unha suba de 5 céntimos nos prezos do gando de abasto para sacrificar nas clases E, U e P nos pesos de ata 220 quilos. En vacún maior e gando de recría non houbo modificacións. Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, os seus vogais deciden por maioría manter os valores fixados a pasada semana.

No mercado, houbo un total de 2.130 cabezas, 70 menos que a pasada semana. Houbo 1.740 cabezas de vacún menor (119 menos), 200 de vacún mediano (21 máis) e 184 de vacún grande (28 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (26-VI-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información