Suba dos becerros no mercado de Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 7 de abril. Unha vaca de Rubia Galega acadou o récord anual, cun prezo de 3.405 euros.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola tendencia xeral á suba, rompendo varias semanas de baixadas. Onde máis se notou a suba foi nos becerros carniceiros, e, en menor medida, nos de recría.

Récord anual para unha vaca de Rubia Galega que se vendeu por 3.405 euros

No vacún maior mantivéronse os prezos da semana pasada, cunha lixeira baixada. A salientar un récord anual no prezo dun exemplar. Unha vaca de raza rubia galega procedente dunha explotación de Ortigueira (A Coruña) que foi adquirida por Galcarnes S.L (de Monforte de Lemos) por 3.405,5€.

O récord anual de 2015 situábase ata hoxe nos 3.127€, acadados o día 3 de febreiro tamén por unha vaca. En canto ao récord absoluto na categoría de vacún maior (que tamén o é da propia Central), mantense nos 5.021€ pagados por un boi o 3 de xuño de 2014.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_vacuno_silleda_7042015

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios, nos 1,50 €/kilo.

Mantense o prezo do porco cebado pero baixan os leitóns

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou baixar os prezos un 1%. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 55 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 50 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos os prezos tamén se manteñen estables ou con lixeiros repuntes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_porcino_silleda_7042015

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información