Suba do porcino en Silleda e estancamento no prezo dos becerros

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 14 de abril.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse polo estancamento. Así, aínda que as cotizacións medias en conxunto mantivéronse parecidas ás da semana pasada, o comportamento foi bastante desigual en función da raza e da idade dos xatos.

Así, en recría os xatos de raza Frisoa de menos de 20 días baixaron aos 88 €, fronte á media da semana pasada de 109 euros. Pola contra, subiron algo os de 21 a 50 días até os 125 euros e os de máis de 50 baixaron 23 euros de media con respecto á semana anterior. Nos de cruce industrial a tendencia foi parecida: os de 21-50 días mantiveron os prezos pero nas outras categorías baixaron.

E nos becerros carniceiros notouse especialmente a suba nos de cruce industrial: 792 por macho e 808 € por femia, fronte aos 718 e 652 euros, respectivamente, da poxa anterior.

No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_vacun_14_04_2015

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios, nos 1,59 €/kilo.

Sobe prezo do porco cebado e seguen baixando os leitóns

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou baixar os prezos un 1%, o mesmo que a semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 54 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 49 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse subir os prezos un 0,010% para o selecto e o normal, que quedaron nos 1,175 €/kg e 1,150 €/kg, respectivamente. O Canal II sobe un 0,013% e o de desvelle un 0,020%. Nos principais mercados europeos a suba do porcino foi maior: 0,05 en Alemaña e 0,030 en Dinamarca.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_14_04_2015

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información