Suba do porcino e oscilacións nos prezos do vacún

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 3 de marzo

As cotizacións do vacún na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola oscilacións, con lixeiras subas e baixadas, quedando os prezos do seguinte xeito:

cotizacions_Silleda_04032015_vacun

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Subas nas mesas de prezos de galiñas e ovos e estabilidade no coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos experimentaron unha lixeira suba con respecto á pasada semana. Os ovos nas categorías L, M e S subiron un 0,020%, idéntica porcentaxe que nas últimas semanas. Deste xeito quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo. Pola contra en Madrid subiron un 0,12% ata os 1,62 €/kilo.

Os bacoriños seguen subindo mentres que a cotización  do porco cebado recupérase debilmente

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou unha nova suba.  Partindo da base de 20 kg de peso, a suba foi do un 1% até os 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias, acumulando deste xeito xa varias semanas de incrementos.

En canto ao porco cebado, acordouse unha lixeira suba do 0,02% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo, onde se mantiveron estables ou subiron na mesma porcentaxe.

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_Silleda_04032015_porcino

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información