Suba da recría de frisón en Amio

A Mesa de Prezos de Abasto, que marca cotizacións de referencia para o gando cada semana en Amio, acordou hoxe unha suba de 5 euros nos machos de recría da raza frisona nas calidades extra e boa. O resto de prezos mantense como na sesión anterior, tanto en vacún de recría, como en becerros carniceiros e vacún maior. Tampouco houbo cambios na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que repite os valores da anterior sesión.

A asistencia de gando ó mercado de hoxe foi de 1.705 reses, 139 menos que a pasada semana. Houbo 1.277 cabezas de vacún menor (193 menos), 224 de vacún mediano (21 máis) e 191 de vacún grande (28 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (22-V-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información