Soben os becerros de recría en Silleda

Tamén hai un lixeiro repunte no vacún maior. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 18 de agosto

Soben os becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba xeneralizada dos becerros de recría.

Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 105 euros; a 121 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 180 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 87, 117 e 149 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, tamén houbo unha suba, sobre todo nos de menos de 20 días, mentres que os de máis de 51 días experimentaron un lixeiro descenso. En concreto, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 295 euros; a 313 € os de 21 a 50 días -a categoría con máis asistencia de xatos-, e a 352 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 224, 298 e 357 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve suba na Categoría Primeira, de 1.101 euros a 1.109, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, tamén subiu lixeiramente dos 701 euros da semana pasada a 709 €. Pola contra, as vacas de desvelle baixaron ata os 425 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_18_agosto-2015 copia

Estabilidade nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos sen cambios. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,52 € para os XL; 1,30 € a ducia para a categoría L; 1,18 para a M, e 1,03 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nun mínimo anual de 1,30 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou baixar as cotizacións unha media do 0,02%, seguindo a tendencia do resto da UE. Quedou nos 1,27 €/kg para o de categoría selecta; nos 1,245 para o Normal e nos 1,617 para o Canal II. En Alemaña baixaron os prezos un 0,01 %.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da semana anterior, que quedaron nos 21 euros os procedentes de varias explotacións e nos 26 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_porcino_SILLEDA_18_agosto-2015 copia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información