Soben os becerros de recría de Frisón e baixan os de Cruce en Silleda

Subas no prezo dos becerros de raza Frisona e baixada nos de Cruce, mentres que en vacún maior mantéñense con lixeiros cambios. Sobe o porco cebado e baixan os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 6 de febreiro

Soben os becerros de recría de Frisón e baixan os de Cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de raza Frisona e baixada nos de Cruce, mentres que en vacún maior mantéñense con lixeiros cambios. Sobe o porco cebado e baixan os ovos.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa subiron de prezo en todas as categorías. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización subiu ata os 133 euros por xato, 26 máis que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén remontaron ata unha media de 144 euros por xato, fronte aos 136 euros de media da pasada semana. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 176 euros de media, once máis que o pasado martes.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á baixa. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron ata os 278 euros, fronte aos 290 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou claramente ata os 334 euros de media, fronte aos 359 euros de media por xato do pasado martes. Nas femias o prezo medio foi de 229 euros, 19 menos que na pasada poxa. A excepción foron os xatos de máis de 51 días, onde os prezos nos machos subiron ata unha media de 464 euros por animal, fronte aos 453 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha suba: o prezo medio foi de 316 euros, fronte aos 303 do pasado martes.

Leve suba do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha leve suba en categoría segunda, a máis numerosa. Deste xeito, quedaron en 1.072 euros de media en categoría primeira, 735 en segunda -a máis numerosa- e 465 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.086, 720 e 467 euros, respectivamente.

SILLEDA_FEVEREIRO_18_1_VACUNjpg

Suba no porcino e baixada nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse baixar por cuarta semana consecutiva os prezos dos ovos: 0,03 euros a ducia na categoría XL, que quedou en 1,71 euros; 0,04 na L, que queda en 163 euros e 0,05 euros nas categorías M e S, que rematan en 1,51 e 1,19 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle baixaron tamén 0,01 euros, quedando nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello non sufriu cambios e fixouse o prezo en 1,55 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir as cotizacións da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal sube 0,01 euros e queda en 1,070 e 1,045 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sobe 0,013 euros e sitúase en 1,357 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións quedaron sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,67 e 0,73 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado subiu esta semana 0,03 euros o kilo ata os 1,330 euros o quilo, unha tendencia á alza que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 46 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 51 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_FEVEREIRO_18_1_PORCINOjpg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información