Soben os becerros de Frisona e baixa o vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón, e en menor medida dos de cruce, e pola baixada do vacún maior. Subas no porco cebado, nos leitóns e nos ovos.

Soben os becerros de Frisona e baixa o vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón, e en menor medida dos de cruce, e pola baixada do vacún maior. Subas no porco cebado, nos leitóns e nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en case todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo subiu ata os 115 euros por xato, 5 máis que a pasada semana. A excepción foi nos becerros de menos de 20 días. onde o prezo baixou ata os 89 euros de media por animal, fronte aos 95 da anterior poxa. E na categoría de máis de 50 días subiron os prezos ata os 129 euros por animal, 3 máis que o pasado martes.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á alza, pero tamén con excepcións. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 341 euros, 6 menos ca na sesión anterior. Nas femias, sen embargo, houbo subida quedando nunha media de 225 euros por becerra, 1 máis que a semana pasada. Pola contra, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos baixou ata os 278 euros, fronte ós 329 euros que se pagaron na última poxa. Onde houbo subas máis claras nos becerros de máis de 50 días, onde os machos se cotizaron a unha media de 484 euros por animal, fronte aos 460 da sesión anterior, mentres que nas femias a media tamén subiu ata os 368 euros por becerra, fronte aos 343 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha baixada do prezo nos machos, acadando unha media de 740 euros por animal, moi por debaixo dos 858 da semana pasada. As femias, pola contra, mantivéronse practicamente sen cambios en 739 euros de media.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi á baixa, agás na categoría primeira. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 710 euros por animal, 29 menos que o martes pasado. Tamén houbo baixada na categoría de desvelle, quedando nunha media de 440 euros por animal, fronte aos 460 da semana pasada. Porén, nas vacas de primeira a media subiu ata os 1101 euros, 7 máis que na anterior poxa.

silleda_marzo_vacun_19

Suba do porco cebado, nos leitóns e nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,05 euros, quedando nos 1,250 e 1,225 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,065 euros ata quedar nos 1,591 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle sobe 0,04 euros, quedando nun intervalo de entre 0,57 e 0,63 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou unha suba de 1 euro. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 62 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 67 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,10 e 3,31 euros respectivamente.

No referido ós ovos, non houbo cambios na categoría XL, que se mantén nos 1,40 euros a ducia. Para as demais categorías, L, M e S, houbo unha suba de 0,02 euros, quedando nos 1,04, 0,99 e 0,85 euros a ducia, respectivamente.

A galiña de desvelle sobe 0,02 euros o kilo e queda nun intervalo de entre 0,13 e 0,21 euros o quilo.

Por ultimo, no coello non houbo cambios na Lonxa de Madrid e queda o quilo nos 1,95 euros.

silleda_marzo_porcino_19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información