Sen cambios nos prezos do Mercado de Gando de Amio

As mesas de prezos do Mercado de Gando de Amio mantivéronse esta semana sen cambios. Non houbo variacións nin nas distintas categorías de Ternera Gallega nin na Mesa do gando de abasto, e continúan as cotizacións da sesión anterior para tódalas seccións e calidades.

Porén, os vogais coinciden en sinalar que se aprecia unha tendencia á baixa en xeral nos prezos do gando de recría e tamén nos do vacún maior de calidades inferiores.

En canto á asistencia de gando ó mercado, contabilizáronse 1.748 animais, 449 menos que a pasada semana. Rexistráronse 1.355 cabezas de vacún menor (410 menos que na sesión anterior), 231 de vacún mediano (14 reses menos) e 144 de vacún grande (29 animais menos que na última feira).

Máis información:

– Táboa de prezos de Amio (24-VII-2019)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información