Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Vista do mercado de gando de Amio.

As mesas de prezos do Mercado de Gando de Amio (Santiago), acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da pasada sesión en todas as categorías e calidades de gando, tanto en Ternera Gallega coma nos prezos dos animais de recría, vacún maior e becerros carniceiros.

Porén, obsérvase unha tendencia á baixa en tódalas seccións. No caso da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega advírtese certa caída no mercado da carne da categoría de Suprema, cunha oferta que, en xeral, tende a superar á demanda. De continuar esta tendencia, é probable que na próxima sesión a Mesa decida baixar os prezos.

Na mesa de Prezos do Gando de Abasto ocorre algo semellante. Así, apréciase unha tendencia á baixa nos prezos da recría de raza Frisoa e o gando destetado das razas Rubia Galega e Cruzada. Ademais, tenden á baixa os prezos do gando de abasto para sacrificar e as vacas das categorías O3 a O1 e P.

En canto á afluencia, nesta xornada contabilizáronse un total de 1.905 reses, 363 menos que o pasado 18 de setembro. Houbo 1.467 cabezas de vacún menor (382 menos que na sesión anterior), 228 de vacún mediano (8 máis que na feira pasada) e 201 de vacún grande (8 máis que hai unha semana).

Máis información:
– Táboa de cotizacións de Amio (25-IX-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información