Sen cambios nos prezos do gando en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe a continuidade das mesmas cotizacións da pasada semana en todas as categorías e calidades de gando. En Ternera Gallega, a Mesa da Indicación Xeográfica Protexida decidiu, por maioría de votos, manter os mesmos valores. A pesar de persistir a escaseza na calidade Suprema, polo de agora non é tan significativa como para provocar outro aumento de prezos, pois a demanda mantense estable.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto tamén acordou a continuidade das cotizacións en gando de recría, becerros para sacrificio e vacún maior.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo 2.531 reses, 112 máis que na anterior sesión. Entraron no recinto 1.923 cabezas de vacún menor, 306 de vacún mediano e 279 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (13-IX-2017).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información