Sen cambios nos prezos de Amio

A asistencia de gando ó mercado foi esta semana de 1.943 reses

As mesas de prezos de Amio acordaron o mantemento de prezos en todas as categorías e calidades de carne. Foi unha decisión por maioría na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega e unánime na Mesa de Prezos de Abasto.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo 1.943 reses, 472 menos que a pasada semana. Por tipos de gando, entraron no recinto de Amio 1.427 cabezas de vacún menor, 245 de vacún mediano e 252 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (2-11-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información