Sen cambios nas cotizacións de Amio

As cotizacións das mesas de prezos de Amio, que serven de referencia para o sector, continúan unha semana máis sen cambios. En Ternera Gallega, a maioría dos vogais acordou manter os prezos da sesión anterior en todas as categorías e calidades, en tanto na Mesa de Prezos de Gando de Abasto acordouse por unanimidade repetir tamén prezos. Os vogais sinalan ademais que se percibe unha reducción da oferta e demanda dos becerros de abasto para sacrificar.

En canto á asistencia de gando á sesión desta semana, houbo 1.928 reses, 31 máis que a pasada semana. Por categorías, entraron 1.516 cabezas de vacún menor (16 máis que na sesión anterior), 230 de vacún mediano (19 máis) e 176 de vacún grande (10 menos).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (14-XI-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información