As mesas de prezos de Amio acordan unha repetición das cotizacións da anterior sesión en todas as categorías e calidades de gando, tanto en Ternera Gallega como nos valores decididos pola Mesa de Prezos de gando de abasto, que fixa cotizacións para gando de recría, vacún maior e becerros de abasto.
A asistencia de gando á feira desta semana foi de 2.133 reses, 17 menos que a pasada semana. Houbo 1.715 cabezas de vacún menor, 203 de vacún mediano e 195 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (6-XII-2017).