Sen cambios nas cotizacións da Ternera Gallega e suba do vacún mediano no mercado de Amio

A mesa de prezos da IXP acorda manter os prezos da semana pasada en todas as categorías

Sen cambios nas cotizacións da Ternera Gallega e suba do vacún mediano no mercado de Amio

A mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega decidiu este mércores por unanimidade manter as mesmas cotizacións que a pasada semana. Así, segundo as categorías oscila entre un mínimo de 4,13 e un máximo de 5,02 euros o quilo.

En canto ao gando de abasto, a mesa de prezos acordou por unanimidade:

-Baixada xeral nos becerros de recría, en 5 euros por animal, “debido á estación na que nos atopamos”.

-Respecto ao vacún mediano para sacrificar, soben 0,05 euros o quilo os prezos das clases U e R e peso de ata 180 kilos, debido a un incremento da demanda. Tamén soben 0,20 euros, por axustes técnicos, as canles das clases U e R cun peso de entre 181 e 220 quilos, así como a U da franxa de 221 a 250 kilos, e sobe 0,30 euros o prezo da clase R nesta última franxa de peso

-En canto ao vacún maior de abasto, baixan 0,10 euros o quilo as canles das subclases 03, 02 e 01. Baixan tamén 0,05 euros as das subclases P2 e P1.

No relativo á afluencia de gando, na sesión de hoxe rexistráronse 2.055 reses, 93 menos que a semana pasada. Houbo 1.618 cabezas de gando vacún menor (87 menos que na sesión anterior), 212 de de vacún mediano (15 menos) e 210 de vacún grande (11 máis).

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (10-VII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información