‘Saíndo da caverna’, un documental que reivindica o consumo do vacún de carne

A Interprofesional da carne de vacún estreou hoxe o segundo capítulo da serie documental Fans do Vacún, centrada en coñecer a realidade e algúns dos retos que se lle presentan ao sector como o cambio climático, o benestar animal ou o consumo de carne

Publicidade
‘Saíndo da caverna’, un documental que reivindica o consumo do vacún de carne

O vídeo estreado hoxe intégrase na serie documental Fans do Vacún.

A Organización Interprofesional Agroalimentaria da carne de vacún (Provacuno) lanzou hoxe o seu segundo vídeo documental sobre o sector do vacún de carne. ‘Saíndo da Caverna’ é a segunda peza da serie documental ‘Fans do Vacún’, un traballo centrado en coñecer a realidade do sector e a maneira na que está a se enfrontar a algúns retos como o cambio climático, o benestar animal ou o consumo de carne nunha dieta equilibrada.

Este segundo capítulo recolle os testemuños de varios expertos sobre a importancia da carne no desenvolvemento da evolución humana. “O ser humano, se nunca consumise carne, non sería un ser humano”, reivindica no vídeo o catedrático de Prehistoria Carlos Díez.

A serie documental arrincou o pasado 3 de outubro co lanzamento da peza ‘Coida das miñas vacas’, que reflicte o vínculo entre gandeiros e animais así como a relación entre turismo e gandaría. Xunto aos dous capítulos xa estreados, a serie componse doutros tres episodios que se emitirán en breve e nos que se aborda o papel que xoga a gandaría no cambio climático, así como a importancia da carne na dieta ou os esforzos da industria cárnica por adaptarse ao consumidor.

Aquí podes ver os dous capítulos estreados:

– ‘Saíndo da Caverna’ (Capítulo 2)

– ‘Coida das miñas vacas’ (Capítulo 1)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información