Resultados dos mercados gandeiros deste martes en Amio e Silleda

A baixa afluencia débese ó cambio de data polo mercado cabalar previsto para mañá no recinto feiral

Resultados dos mercados gandeiros deste martes en Amio e Silleda

O mercado de gando de Amio, que habitualmente ten lugar os mércores, adiantouse esta semana á xornada de hoxe e apenas reuniu uns 300 animais, fronte ós 2.000 exemplares de media cos que conta habitualmente cada semana. En concreto na sesión de hoxe contabilizáronse 308 reses, 1.780 menos que na do pasado mércores. Esta afluencia de gando excepcionalmente baixa débese ó cambio de data motivada pola celebración na xornada de mañá do tradicional mercado de gando cabalar.

Deste xeito, na sesión de hoxe contabilizáronse 72 cabezas de vacún maior (1.590 menos que na sesión anterior), 146 reses de vacún mediano (90 menos) e 90 exemplares de vacún grande (86 menos que na feria pasada).

Esta baixa afluencia motivou que os tratos se desenvolveran de forma áxil e sen apenas transcendencia en canto ós prezos. Así, tanto a Mesa da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega como a de vacún de abasto, decidiron, por unanimidade, manter os prezos da sesión anterior.

Porén, ante esta baixa afluencia dende o mercado prevén que o próximo mércores día 2 de agosto, a afluencia de gando vacún sexa “sensiblemente superior ó habitual”.

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (24-VII-2018).

Sen poxa de becerros de recría en Silleda, onde o porcino segue á baixa

En canto ao mercado de Silleda, a Central Agropecuaria de Galicia decidiu suspender este martes a poxa de becerros de recría, tal e como xa estaba previsto, ante o adianto do mercado de Amio e a dificultade dos compradores de asistiren aos dous.

Si houbo mercado de vacún maior, aínda que con moita menos afluencia de animais á dun día normal. Polo que respecta aos prezos, baixaron en todas as categorías respecto á pasada semana. Deste xeito, quedaron en 1.074 euros de media en categoría primeira, 714 en segunda -a máis numerosa- e 439 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.096, 726 e 470 euros, respectivamente.

Baixadas nos leitóns e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos mantéñense sen cambios nas categorías XL e L, quedando en 1,60 e 1,21 euros por ducia, respectivamente. As categorías M e S baixan 0,02 euros ata os 1,02 e 0,87 euros a ducia, respecivamente. As galiñas de desvelle quedan nun intervalo de entre 0,07 e 0,14 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter os prezos da pasada semana. Así, nas categorías Selecta e a Normal o quilo queda en 1,280 e 1,255 euros , respectivamente; a Canle segue en 1,630 euros por quilo. E na categoría de desvelle baixa o prezo 0,02 euros, quedando intervalo entre 0,61 e 0,67 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron tamén 0,03 euros esta semana, quedando nunha media de 1,410 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi á estabilidade de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse seguir cos descensos e baixar 3 euros as cotizacións, quedando nos 30 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 35 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_24_XULLO_PORCINO

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información