Resultado da poxa de xovencas de Rubia Galega en Pedrafita

Adxudicadas este domingo as seis xovencas da poxa celebrada por Acruga en Pedrafita do Cebreiro. O prezo medio foi de 1.800 euros por xovenca

Resultado da poxa de xovencas de Rubia Galega en Pedrafita

Poxa de Rubia Galega

O mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolleu este domingo pola mañá a poxa organizada por Acruga, na que se adxudicaron as seis xovencas presentadas á poxa, catro delas preñadas.

Os animais procedían do centro de recría da granxa Gayoso Castro na que Acruga selecciona os mellores exemplares, desde o punto de vista xenético, morfolóxico, produtivo e reprodutor para abastecer a demanda dos gandeiros lucenses, sobre todo neste tipo de poxas.

O prezo medio acadado na poxa de hoxe foi de 1.800 euros, sensiblemente inferior ao rexistrado en anteriores poxas, xa que na desta mañá poxáronse dúas xovencas sen preñar e que, por tanto, tiveron un prezo de saída de 1.600 euros, 200 euros menos que o prezo fixado para as xovencas preñadas.

Os compradores foron varios gandeiros dos concellos do Corgo, A Fonsagrada e de Pedrafita do Cebreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información