Repunte nos prezos dos becerros de recría de Frisona

Pola contra, baixan os de cruce industrial. O porco cebado segue á baixa e xa está a 0,89 euros o kilo. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 1 de decembro

Repunte nos prezos dos becerros de recría de Frisona

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, que contrastou coa baixada dos de Cruce Industrial. No vacún maior os prezos mantivéronse estables.

Deste xeito, nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 86 euros, fronte aos 74 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, rexistrouse tamén unha mellora de prezos: unha media de 103 euros por xato, fronte aos 91 da semana pasada. Pola contra, cotizaron lixeiramente á baixa os xatos de máis de 51 días: 114 euros por animal fronte aos 119 do pasado martes.

Pola contra, os tenreiros de recría de Cruce cotizaron á baixa: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 304 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 354 e a 422 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 389, 377 e 439 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cun lixeiro repunte: 1.103 euros de media en categoría primeira, 707 en segunda e 428 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.089, 701 e 433 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_1_12_15

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 € e a ducia dos de clase M en 1,25 €.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os 1,85 €/kilo da pasada semana.

O porco cebado baixa por debaixo de 0,90 euro o quilo

En porcino, a mesa de prezos acordou realizar unha nova baixada, desta vez un 0,05% en selecto e en categoría normal, que quedaron en 0,895 e en 0,870 euros o kilo, respectivamente, marcando mínimos históricos. Para o canal II acordouse unha baixada do 0,130%. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos un 0,5%. Deste xeito quedaron nos 26,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 31,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_SILLEDA_1_12_15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información