Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade das mesmas cotizacións da anterior sesión. Non houbo cambios nin na Mesa de Ternera Gallega nin na Mesa de Gando de Abasto, na que se regulan os valores de referencia de gando de recría, becerros medianos e vacún maior. Os vogais desta última Mesa coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa dos becerros medianos para sacrificio.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.021 reses, tres menos que a pasada semana. Houbo 1.592 cabezas de vacún menor (68 menos), 239 de vacún mediano (55 máis) e 182 de vacún grande (11 máis).

Máis información
Táboa de cotizacións do mercado de Amio (20-III-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información