Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos do mercado de Amio, que serven de referencia para o sector vacún, acordaron a repetición de cotizacións en tódalas categorías e calidades de gando. Non houbo variacións nin na IXP Ternera Gallega nin no gando de recría, mediano para sacrificio e vacún maior.

A asistencia de gando ó mercado de hoxe foi de 2.195 reses, 292 máis que a pasada semana. Houbo 1.751 cabezas de vacún menor (263 máis), 245 de vacún mediano (3 menos) e 182 de vacún maior (22 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (28-XI-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información