Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron a continuación das cotizacións da pasada semana, tanto en Ternera Gallega como en vacún maior, recría e gando de abasto. En canto ó vacún maior, os vogais apreciaron unha tendencia xeral á baixa nos prezos de tódalas categorías. Tamén se viviu unha lentitude notable no mercado do gando mediano para sacrificar, aínda que todo se foi vendendo a prezos similares aos da semana pasada.

A asistencia de gando ó mercado de onte foi de 1.982 reses, 66 máis que a pasada semana. Houbo 1.604 cabezas de vacún menor (106 máis), 246 de vacún mediano (3 máis) e 127 de vacún grande (29 menos).

Máis información
Táboa de prezos do mercado de Amio (16-X-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información