Repetición de cotizacións en Amio

Repetición de cotizacións en Amio

Vacún maior no mercado de Amio.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade das cotizacións da pasada sesión en todas as categorías e calidades de gando, tanto en Ternera Gallega coma nos prezos dos animais de recría, vacún maior e becerros carniceiros.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.509 reses, 270 máis que a pasada sesión. Houbo 2.034 cabezas de vacún menor (198 máis que a anterior semana), 242 de vacún mediano (26 máis) e 213 de vacún grande (44 máis).

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (4-IX-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información