Repetición de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe a repetición de cotizacións, tanto na Mesa de Ternera Gallega como nas categorías decididas na Mesa de Gando de Abasto (gando de recría, becerros carniceiros, vacún maior).

Nesta última Mesa, os vogais coinciden en apreciar unha tendencia á alza nos machos de recría cruzados, que se compensa cunha tendencia á baixa nas femias da mesma categoría. En animais de sacrificio, perciben unha tendencia á alza nos becerros de menor peso, ata 220 quilos, mentres que o vacún maior tende a baixar.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.893 reses, 188 máis que pasada semana. Houbo 1.526 cabezas de vacún menor (249 máis), 213 de vacún mediano (11 menos) e 139 de vacún grande (52 menos).

Cómpre lembrar que mañá, xoves 30 de maio, o recinto feiral de Amio acollerá a tradicional feira cabalar da Ascensión.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (29-V-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información