Recuperación de prezos no gando de recría en Amio

As mesas de prezos manteñen sen cambios as cotizacións de Ternera Gallega e do vacún maior

O gando de recría experimentou unha recuperación de 10 euros nas calidades extra e boa das femias e machos lactantes e destetados de rubia galega e de cruce, segundo acordou a Mesa de Prezos de Abasto en Amio. No mercado, a recría tamén espertou maiores intereses pola baixada da concurrencia, pois entraron 394 animais menos que a pasada semana.

Por razóns de axuste técnico, a Mesa de Prezos tamén acordou unha suba de 20 euros nas calidades extra e boa das femias de cruce descostradas, así como de 10 euros nos machos. En canto ós prezos do gando de abasto e de vacún maior, permanecen sen cambios esta semana. A estabilidade tamén se mantén nas cotizacións acordadas pola Mesa de Prezos de Ternera Gallega.

En canto ó mercado, entraron hoxe no recinto 1.897 reses, 365 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.353 cabezas de vacún menor, 276 de vacún mediano e 246 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (19-X-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información