Récord en becerros carniceiros en Silleda

A Lonxa Agropecuaria rexistra a venda dun exemplar de Ordes por 1.638 euros, superando a anterior marca, de 1.506 euros, que databa do 2014

Récord en becerros carniceiros en Silleda

Becerro que acadou o récord de prezo en Silleda.

O mercado gandeiro de Silleda acadou esta semana un novo récord absoluto na cotización dos becerros carniceiros. Un macho cruzado procedente dunha granxa de Ordes vendeuse a 1.638 euros, sendo adquirido polo carniceiro Luis Fontán Lago, de Vilanova de Arousa. Ata o de agora, o anterior prezo máximo situábase en 1.506 euros, cifra que se logrou en dúas poxas de xullo do 2014.

Grazas en parte á boa cotización do exemplar de Ordes, o prezo medio dos becerros tamén logrou un novo tope absoluto en Silleda, con 860,10 euros de media. A marca anterior era tamén de xullo do 2014, con 859,79 euros

Recría e vacún maior

En becerros de recría, onde tamén houbo un récord anual de asistencia, con 692 animais, polos 670 da poxa do 10 de xaneiro, esta semana produciuse unha caída dos prezos medios, que pasaron de 250 a 230 euros. En frisóns, a categoría máis concurrida, a de machos de 21 a 50 días, os prezos situáronse en 161 euros de media, polos 176 da pasada semana. En becerros cruzados de 21 a 50 días, os prezos baixaron dos 316 ós 309 euros de media.

En vacún maior, as cotizacións mantéñense no nivel da pasada semana, cunha media de 842 euros (843 de media houbera na anterior sesión).

Mesas de prezos
En canto ós valores acordados nas mesas de prezos, en porcino non hai cambios esta semana. A nota positiva veu da suba dos ovos en todas as categorías. Tamén en Madrid se acordou unha mellora de 10 céntimos no coello.

captura 11

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información