Recomendacións para mellorar a reprodución en vacún de carne

Resumo do relatorio de Robert L. Larson, da Universidade Estatal de Kansas (Estados Unidos) no Congreso Internacional Anembe de Medicina Bovina.

Recomendacións para mellorar a reprodución en vacún de carne

Vacas de raza Rubia Galega da cooperativa San Cidre.

Existen moitas razóns polas cales unha vaca non pode quedar preñada despois de manterse cos touros durante varias semanas. Neste sentido, Robert L. Larson, especialista en reprodución bovina da Universidade Estatal de Kansas (Estados Unidos) falou no Congreso Internacional Anembe de Medicina Bovina sobre as principais fallos en reprodución en vacún de carne e como solucionalo.

A continuación resumimos os principais aspectos a ter en conta:

1)A importancia da distribución dos partos na seguinte tempada de cría

-O número de oportunidades que unha vaca ten de ser preñada durante a tempada de apareamento é unha limitación importante á hora de quedar preñada ou non. Normalmente, unha vaca fértil ten unha probabilidade do 65% de parir un tenreiro con cada ovulación e apareamento (período de celo).

-Unha vaca que pare o suficientemente pronto como para retornar ao ciclo ao comezo dunha tempada de apareamento de 65 días terá tres oportunidades de quedar preñada. Por tanto, é esperable que a vaca teña unha probabilidade do 95% de levar a xestación a termo.

-Se unha vaca pare máis tarde durante a tempada de partos, de forma que non retorne ao ciclo ata os últimos 40 días da tempada de apareamento (é dicir, terá dúas oportunidades de quedar preñada), espérase que esa vaca teña un 88% de probabilidades de levar a xestación a termo.

-Se unha vaca pare realmente tarde na tempada de partos, de forma que non retorna ao ciclo ata os últimos 20 días da tempada de apareamento (é dicir, só terá unha oportunidade de quedar preñada), espérase que a vaca teña un 65% de probabilidades de levar a xestación a termo.

-A porcentaxe máxima de xestación de todo o rabaño determinarase polo número de vacas de cada categoría: 3, 2 e 1 oportunidades de quedar preñada.

“É moi importante ter unha alta porcentaxe do rabaño parindo pronto na tempada de partos”

Por tanto, é moi importante ter unha alta porcentaxe do rabaño parindo pronto na tempada de partos, para que teñan suficiente tempo como para retornar ao ciclo antes do comezo da seguinte tempada de apareamento.

O tempo medio para retornar ao ciclo é de 50 a 50 días; por iso é polo que as vacas que paren aos 30 ou 40 días tras o comezo da tempada de partos teñen poucas probabilidades de volver retornar ao ciclo antes da seguinte tempada de reprodución. E as vacas que paren 60 días despois do comezo da tempada de partos teñen moi poucas posibilidades de comezar o seu ciclo ata ben entrados na seguinte tempada de reprodución.

2)Unha porcentaxe insuficiente das vacas quedan preñadas cedo na tempada de apareamento.

As razóns desta baixa porcentaxe poden ser tres:

-Un número baixo de femias teñen un período de celo fértil ao comezo da tempada de apareamento.

-Os touros non foron capaces de depositar as cantidades adecuadas de seme fértil no tracto reprodutivo das femias.

-Axentes infecciosos ou non infecciosos que preveñen ou terminan a preñez.

O uso do exame físico, o historial, a evolución do rexistro da granxa e as probas diagnósticas de laboratorio pódense utilizar para determinar que causas son máis ou menos probables para esta distribución non desexable da preñez.

3)Unha porcentaxe baixa de femias están en ciclo ao comezo da tempada de apareamento.

-O 65% do rabaño debería levar, polo menos, 60 días de postoparto, ao comezo da tempada de apareamento.

Se menos do 55% do rabaño leva 60 días ou máis de postparto, entón deberiamos empezar a considerar como solucións adiantar a data de comezo da tempada de apareamento deste ano ou distribuír os partos do último ano.

Ao comezo da tempada de apareamento as vacas deben ter unha condición corporal mínimo de 5 sobre 9 e de 6 nas xovencas

-Para asegura unha alta proporción de cicliclidade, as vacas maduras deberían ter un mínimo de condición corporal 5 usando unha escala de 9 puntos ao comezo da tempada de apareamento. No caso das xovencas debería subir a un mínimo de 6 puntos.

-Un mínimo do 80% das xovencas deberían alcanzar a puberdade ao comezo da tempada de apareamento.

4) Os touros non depositan suficiente cantidade de seme fértil no tracto reprodutivo das femias:

-O cociente medio de femias por touro aconséllase que sexa de 17,5 femias cando os touros son dun ano, con menor capacidade de servizo, e de 25,3 femias para touros maduros. Porén, en Estados Unidos os touros maduros que pasaron un exame de validez reprodutiva poden servir de maneira axeidada a 50 femias. Sen embargo, se se utilizan pastos cun só reprodutor, esta presión de cría ten riscos.

-Se se utilizan touros maduros tras a sincronización do celo, recoméndase un cociente de femias por touro de 25:1. Se se trata de touros dun ano, non se debe esperar que preñen a máis de 10 femias.

-Débese realizar un exame de validez reprodutiva a todos os touros antes da tempada de apareamento. Débese incluír un exame físico exhaustivo para descartar problemas de saúde do pene, testículos, cascos, patas ou outros problemas musculares ou esqueléticos.

5) Axentes infecciosos ou non infecciosos que deteñen ou preveñen a preñez

-Os axentes infecciosos a considerar nas perdas de preñez detectadas durante o diagnóstico de xestación (normalmente, entre as 17 e as 25 semanas de xestación), inclúen: tricomoniase, compilobacteriose, lingua azul, diarrea vírica bovina, rinotraqueite infecciosa bovina, Actinomices pyogenes, brucelose, ureaplasmose e candidiase.

-Os puntos non infecciosos que poden provocar perdas de xestación ao comezo da preñez son: inxesta de forraxes altamente infestados de endófitos durante períodos de elevada temperatura ambiental, inxesta de plantas tóxicas e trastornos xenéticos, tales como a presenza de xenes letais.

Débese realizar un exame de validez reprodutiva a todos os touros antes da tempada de apareamento

6)A porcentaxe de vacas preñadas non é axeitada durante a segunda metade da tempada de apareamento.

Nos rabaños nos que o desempeño reprodutivo é bo inicialmente pero logo deteriórase, as áreas nas que traballar son:

-Comprobar se os touros desenvolveron problemas testiculares, musculares ou esqueléticos, que dificulten a produción ou depósito de seme fértil.

-Examinar a posibilidade de que as substitucións do rabaño, incluídos despois do comezo da tempada de apareamento, introducisen enfermidades venéreas.

-Considerar se se limitaron as forraxes e/ou o penso despois de que comezase a tempada de apareamento. Neste sentido, examinar se a limitación do pasto e a baixa condición corporal a metade de tempada pode provocar un déficit alimentario que cause falta de capacidade reprodutiva.

Conclusións:

-É clave para a rendibilidade das gandarías de vacún de carne lograr unha alta eficiencia reprodutiva.

-Establecer e manter un sistema de manexo que teña como resultado unha alta porcentaxe de partos no rabaño nunha tempada curta de partos, coa maioría dos tenreiros nados nos primeiros 21 días, require que as vacas e as xovencas estean en ciclo antes de empezar a tempada de apareamento. Tamén require que os touros sexan fértiles e fisicamente capaces de cruzarse coas vacas, e que as enfermidades non causen unha perda da preñez.

-A nutrición, a xenética, a crianza de animais, a validez reprodutiva dos machos e as femias, e a saúde teñen un impacto sobre a eficiencia reprodutiva do rabaño.

-Mediante a avaliación do rabaño ao longo do ano os veterinarios poden identificar as fortalezas e debilidades do sistema de manexo do rabaño, e desenvolver plans para manter unha alta eficiencia reprodutiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información