Prosegue a tendencia á baixa estacional de Ternera Gallega

A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega, que se celebra cada semana coincidindo co mercado de Amio, acordou unha baixada de 5 céntimos en todas as categorías e calidades de Ternera Gallega, pois apréciase unha forte suba da oferta que non se corresponde co nivel de demanda. Esta é a terceira baixada que experimentan as cotizacións da carne no que vai de ano.

A tendencia á baixa de Ternera Gallega en febreiro-marzo é unha constante habitual debida á suba estacional da oferta nun periodo de demanda débil. Boa parte das parideiras nas ganderías da IXP concéntranse na primavera, polo que os animais, que deben sacrificarse antes dos 10 meses, coinciden no mercado no inverno seguinte, xerando normalmente un exceso puntual na oferta.

Cotizacións en Abasto
En canto ó resto de cotizacións decididas en Amio, a Mesa de Prezos de Abasto acordou manter sen cambios os prezos do gando de recría e dos becerros para sacrificar, se ben no caso dos becerros, que tamén caíron en valor en semanas precedentes, mantense a tendencia á baixa. En vacún maior, houbo unha suba de 5 céntimos na clasificación P.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.211 reses, 88 máis que na pasada feira. Houbo 1.682 cabezas de vacún menor, 263 de vacún mediano e 245 de vacún grande.

Máis información

Táboa completa das cotizacións de Amio (8-II-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información