Programa do XXIX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente con 8.900 euros esta cita de impulso do sector gandeiro e do rural o domingo 17 de setembro. Agárdase a presenza dunha media de 2.000 persoas neste municipio da Montaña Lucense

Programa do XXIX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

O responsable de Medio Rural da Deputación de Lugo, Lino Rodríguez Ónega, e o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, presentaron este mércores unha nova edición do tradicional Certame-Exposición de Gando Vacún, que se celebrará o domingo 17 de setembro, nesta localidade da Montaña Lucense.

Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente esta iniciativa de impulso do sector gandeiro e do rural con 8.900 euros. Prevese a participación de 40 ganderías das provincias de Lugo e de León, que exporán 300 reses. Haberá unha poxa de xovencas e xatas preñadas cuxos prezos oscilan entre os 1.200 e 2.000 euros. Como en anteriores edicións, agárdase a presenza dunha media de 2.000 persoas na vila.

Ganderías e inscrición

No concurso participarán 300 reses de 40 ganderías procedentes dos Concellos de Pedrafita, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Samos, Triacastela, As Nogais, Veiga de Valcarce, O Corgo e Cervantes. Animais, tanto de raza Rubia Galega, como Asturiana, poderán tomar parte no certame, no que se valorará a conformación morfolóxica e o potencial de carne e reprodución dos animais.

A inscrición de máis animais pode facerse dende o día 11 ata o 15 de setembro por teléfono ou no mesmo día ata as 10:00 horas da mañá. Cómpre subliñar que o concello ofrecerá aos gandeiros unha axuda de 20 euros por animal, ata un máximo de 10 reses, para sufragar os gastos de transporte.

Ademais de axudas, premios

A maiores das axudas para o transporte das cabezas, o Concello destinará 5.000 euros para os premios, que serán entregados, xunto cos correspondentes trofeos, aos propietarios dos animais vencedores nas diferentes categorías do concurso. Haberá premios aos mellores touros, vacas, xatos e xatas, cunha categoría especial para os exemplares destinados á produción cárnica, así como ao mellor lote de Rubia Galega, ao de raza Asturiana e para a gandería que máis animais presente.

Poxa de animais de ACRUGA

Un dos grandes atractivos da xornada será a poxa de xovencas e xatas preñadas, inscritas no Libro Xenealóxico da Raza Rubia Galega, que presentará ACRUGA. Cada transacción oscila entre os 1.200 ata 2.000 euros por exemplar, posto que estes animais caracterízanse por posuír unha alta calidade xenética e reprodutiva.

Programa do XXIX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

09:00 horas. Recollida de credenciais no recinto feira
10:30 horas. Votación do xurado.
11:30 horas. Pasarrúas amenizado pola Charanga DGT.
12:00 horas. Subasta de becerras e novillas preñadas inscritas no libro xenealóxico da raza Rubia Galega.
12:30 horas. Actuación do grupo cultural Xistra de Pedrafita do Cebreiro.
14:00 horas. Entrega de premios na praza do Concello.
15:00 horas. Comida oficial.
16:00 horas. Actuación da Charanga DGT.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información