Data inicio: 25/10/2019
Data fin: 25/10/2019
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Lugo, España
As Indicacións Xeográficas Protexidas Tenreira Galega e Vaca Galega/ Boi Galego celebrarán unha Xornada Técnica conxunta, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o próximo 25 de outubro, venres.
Como é habitual, este encontro vai dirixido a gandeiros, profesionais técnicos, industria, distribución e consumidores. A xornada pretende informar sobre a situación actual da produción e comercialización da carne de vacún de calidade nun escenario no que se lle presta especial atención ao benestar animal e á protección ambiental.
Destes temas falarase en detalle durante as sesións, así como doutros aspectos como a bioseguridade nas gandarías de vacún e o uso responsable de antibióticos; os contratos alimentarios no sector; ou a situación actual dos mercados e a evolución do consumo de carne de vacún.
Velaquí o programa completo: