Prezos medios superiores ós 2.600 euros nas subastas de Acruga nos Ancares e no Courel

A maior cotización da fin de semana acadouse en Seoane do Courel este domingo, cunha xovenca adxudicada en 2.950 euros

Prezos medios superiores ós 2.600 euros nas subastas de Acruga nos Ancares e no Courel

Gando da poxa de Cervantes.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) celebrou esta fin de semana sendas poxas en Cervantes (sábado) e Seoane do Courel (domingo), que rexistraron altas cotizacións do gando. En Cervantes pagáronse 2.650 euros de media polas cinco novillas a subasta, en tanto no Courel logrouse case idéntico prezo medio, con 2.630 euros. Das seis poxas celebradas no que vai de ano por Acruga, estas son as que maior prezo medio acadaron tras a a de Pedrafita, que chegara a superar os 2.850 euros de media.

En Seoane do Courel, as cinco novillas subastadas foron a parar a dúas explotacións de Pedrafita do Cebreiro e de Ribadeo, nunha poxa na que houbo 14 ganderías participantes. As xovencas que maior cotización acadaron, con 2.950 euros e 2.800, foron a parar a Ribadeo, en tanto as outras tres foron mercadas por unha gandería de Pedrafita por 2.600, 2.100 e 2.700 euros. Como é tradicional nas poxas de Acruga, Caixa Rural Galega apoia as compras cunha axuda de 200 euros por animal.

Gran afluencia na poxa celebrada en Cervantes.

Gran afluencia na poxa celebrada en Cervantes.

Cervantes
En Cervantes, coincidindo coa I Feria en Defensa do Gandeiro de Montaña, Acruga organizou a súa primeira poxa neste concellos dos Ancares lucenses. O evento foi moi concurrido e disputado, xa que dos 1.800 euros de prezo de saída de cada un dos animais, chegouse ós 2.650 euros.

Os tres primeiros animais foron para unha gandería de Friol por 2.600, 2.750 e 2.600 euros. A cuarta xovenca foi para un gandeiro do Corgo, que chegou a pagar 2.700 euros, mentres que o último exemplar foi adquirido por 2.600 euros por un gandeiro de Pol.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información