Prezos á alza dos becerros de recría en Silleda e baixada do vacún maior

Suba dos becerros de recría, tanto de Frisón como de cruce. Nas mesas de prezos decidiuse subir algunha categoría de porcino e baixar os leitóns e os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 23 de maio.

Prezos á alza dos becerros de recría en Silleda e baixada do vacún maior

As cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca deste martes caracterizáronse pola suba dos becerros de recría, especialmente os de raza Frisona, e por unha lixeira baixada no vacún maior.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou lixeiramente ata os 170 euros, fronte aos 167 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 199 euros por xato, catorce máis que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos repuntaron ata os 210 euros, oito máis que a semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos tamén foron á alza, aínda que con algunha excepción. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 253 euros, fronte aos 298 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 332 euros de media, fronte aos 327 do pasado martes. Nas femias, o prezo medio tamén subiu: 237 euros, fronte aos 234 da anterior poxa. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio caeu nos machos ata os 436 euros, fronte aos 455 euros de media da pasada semana. Nas femias tamén caeu dos 331 aos 301 euros.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve baixada dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.036 euros de media en categoría primeira, 709 en segunda -a máis numerosa- e 447 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.093, 711 e 426 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_VACUN_MAIO_17_4

Baixada dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións nas categorías XL nos 1,40 euros a ducia e na L nos 1,31 euros. Pola contra a M e a S baixaron unha semana máis un 0,02% ata os 1,19 e 0,96 euros a ducia, respectivamente.
Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos nos 1,60 euros o quilo.

Suba no porco cebado e baixada nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir as categorías Selecta e Normal un 0,01%, quedando nos 1,425 e 1,400 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,818 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron esta semana un 0,04% ata os 1,800 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións mantivéronse foron moi irregulares.

En canto aos leitóns, acordouse seguir coa baixada das cotizacións, esta semana un 2% ata os 59 euros para os procedentes de varias explotacións e os 64 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO_MAIO_17_4

Suspéndense os mercados do 6 e do 13 de xuño

Polo demais, a Central Agropecuaria de Galicia/Abanca informa de que debido á celebración da feira Abanca Semana Verde suspéndense os mercados dos martes 6 e 13 de xuño. Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 13 de xuño e a recepción de animais será a partir das 20 h. da tarde do luns día 12.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información