Presentan un selo de certificación de boas prácticas no sector porcino

A Interprofesional do Porcino de Capa Branca crea unha distinción en materia de benestar animal e bioseguridad tanto para granxas como para industrias. O selo conta co respaldo dun comité científico de alto nivel e as empresas certificadoras

Presentan un selo de certificación de boas prácticas no sector porcino

Presentación do selo de certificación no Congreso Nacional de Profesión Veterinaria, celebrado en Murcia.

A Interprofesional do Porcino de Capa Branca (Interporc), acaba de presentar o selo de certificación Benestar Animal Certificado para avalar as boas prácticas, en materia de benestar animal e bioseguridad, no sector porcino.

Interporc aproveitou a súa participación no primeiro Congreso Nacional da Profesión Veterinaria, celebrado en Murcia, para mostrar en detalle esta nova certificación que ten un carácter global, xa que poderá ser utilizado por todas as granxas e industrias españolas.

“O selo responde ás novas esixencias do consumidor, que demanda cada vez máis, prácticas acordes co benestar dos animais e co coidado do medio ambiente”, destaca o Quintiliano Pérez Bonilla, presidente do Comité Científico de Benestar Animal de Interporc.

Regulamento Técnico de Benestar Animal e Bioseguridad

O selo xorde dos protocolos que conforman o Regulamento Técnico de Benestar Animal e Bioseguridad Interporc Animal Welfare Spain. “Estes protocolos que foron elaborados por profesionais gandeiros e industriais que coñecen ben a realidade e características do sector”, reivindica Pérez.

De feito, os procedementos foron avaliados, corrixidos e modificados polo Comité Científico de Benestar Animal, que integran o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (Inia), a Real Academia de Ciencias Veterinarias de España, o Consello Xeral de Veterinarios, a Asociación Nacional de Veterinarios de Porcino, o Colexio de Veterinarios de Murcia e Universidades como as de Murcia, Lleida, a Complutense e a Politécnica de Madrid ou a Universidade de Zaragoza.

Selo-benestar-animal-certificado-Interporc-

Selo de Benestar Animal Certificado presentado por Interporc.

Unha vez avaliados os protocolos, as empresas certificadoras tamén revisaron o regulamento e deron o seu visto e prace xa que ven posible certificar estas medidas en base a datos obxectivos, medibles e cuantificables.

A Interprofesional tamén presentou estes protocolos ás organizacións de protección e defensa dos animais, polo que “conta con tódalas garantías técnicas e co consenso necesario entre todos os axentes implicados no benestar animal”, conclúe Pérez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información