Poxa e concurso de raza rubia galega este fin de semana no Corgo

Publicidade
Poxa e concurso de raza rubia galega este fin de semana no Corgo

A poxa de raza rubia será o sábado a partir das 12 horas.

Data inicio: 23/06/2017
Data fin: 24/06/2017
Lugar: O Corgo, Adai, España

O recinto gandeiro de Adai, no Corgo, acolle este fin de semana a poxa e o concurso morfolóxico de rubia galega da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). Para a poxa, está prevista a presenza de 27 animais, en tanto que no concurso morfolóxico participarán uns 90 exemplares.

A entrada de animais no recinto está prevista para o venres 23 de xuño, día no que os xuíces farán a calificación dos exemplares que participarán no concurso morfolóxico. A subasta está prevista para o sábado 24 a partir das 12 horas, sendo a retirada de tarxetas a partir das 11 horas.

Na poxa haberá 27 animais, 18 de Acruga e outros 9 de ganderías da provincia. Espérase a presenza de 10 xovencas preñadas de Acruga, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, de Castro Ribeiras de Lea. Trátase de exemplares entre 20 e 33 meses cun prezo de saída de 1.800 euros.

Tamén concurren á poxa 8 machos da nave de testaxe de Acruga, cuns 14 meses de idade e un prezo de saída tamén de 1.800 euros. É a primeira vez que Acruga presenta machos a subasta, pois ata o de agora só estaban a exposición.

En canto ás ganderías da provincia, espérase a entrada para a poxa de 7 femias e 2 machos procedentes de granxas de Lugo, O Corgo, Castroverde e Samos. Os prezos de saída serán os que fixen os gandeiros antes do inicio da poxa.

Como xa é habitual, haberá axudas á compra de Caixa Rural de 200 euros para as femias e de 300 euros para os machos.

Concurso e exposición
O evento programado este fin de semana en Adai complétase co Concurso morfolóxico, no que participan 17 machos e 70 femias de ganderías da provincia de Lugo. Haberá 3 premios en cada unha das 7 categorías do certame.
A maiores, Acruga organiza unha exposición á que acudirán un total de 150 animais, 18 da propia Acruga e o resto de explotacións da provincia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información