Poxa de xovencas de Acruga este domingo en Pedrafita

Poxa de xovencas de Acruga este domingo en Pedrafita

Poxa de Acruga

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, acode este domingo, día 18, a Pedradita do Cebreiro para celebrar unha nova edición da poxa de novillas preñadas, que comezará ás 13.00 da mañá, como parte dos actos da programación da vixésimo oitava edición do Certame de Gando Vacún de Pedrafita. Acruga levará catro exemplares, todos eles de idades comprendidas entre os 22 e os 25 meses e cunha preñez de entre catro e seis meses.

Como xa é habitual nas poxas organizadas por Acruga, os animais proceden da granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea, onde en colaboración coa Deputación de Lugo a asociación traballa no centro de recría para lograr unha coidada selección de animais.

Os prezos de saída para estas catro xovencas preñadas fixáronse en 1.800 euros, cunha axuda á compra de 200 euros, grazas ao apoio da entidade Caixa Rural. A retirada de cartóns poderase facer unha hora antes, desde as 12.00, no mesmo mercado gandeiro.

Hai que ter en conta que Pedrafita do Cebreiro é un dos concellos da zona con maior número de explotacións de gando de loura, un total de 56, e con preto de 1.400 cabezas de gando desta raza.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información