Poxa de xovencas de Acruga este domingo en Pedrafita

Poxa de xovencas de Acruga este domingo en Pedrafita

Poxa anterior no Cebreiro. / Arquivo.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) celebra este domingo 15 unha poxa de sete xovencas preñadas no mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro. O evento inscríbese no marco das actividades do certame gandeiro que se celebra ese día na localidade.

A retirada de tarxetas para participar na poxa poderase realizar a partir das 11 da mañá do domingo, unha hora antes de comezar a subasta. Os sete exemplares que leva Acruga a Pedrafita teñen idades de entre 18 e 23 meses e están preñadas de entre 2,5 meses e 6,5 meses. A adquisición de cada animal, todos eles procedentes da granxa Gayoso Castro, levará consigo unha axuda de 200 euros aportados por Caixa Rural Galega, como vén sendo habitual.

Desde Acruga sinalan que esperan unha alta concurrencia á subasta do domingo, pois Pedrafita adoita lograr poxas reñidas, nas que se acadan boas cotizacións. Só en Pedrafita hai unhas 50 ganderías de Rubía Galega, que superan os 1.400 animais, e agárdase tamén a presenza de gandeiros doutros municipios da montaña lucense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información